A Fegamp e o COPG asinan un convenio para mellorar a atención nos concellos a vítimas da violencia machista

A Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiciaasinaron hoxe un convenio para que os concellos galegos conten cun mellor acceso á atención psicolóxica  integral para vítimas da violencia machista. Os encargados de ratificar este acordo de colaboración pioneiro foron o presidente da Fegamp, Alfredo García e a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez, na semana do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Segundo o pactado, os municipios poderán solicitar ao COPG asesoramento sobre os programas, universais e gratuítos, que desenvolven en Galicia en convenio coa Vicepresidencia da Xunta: un dirixido ás mulleres que sofren a violencia, aos seus fillos/as e familiares; e Abramos o Círculo, para homes que exercen a violencia e que desexan romper con estas actitudes. Pola súa banda, a Fegamp difundirá entre os 313 entes locais galegos, aquelas iniciativas do COPG nas áreas de muller e igualdade e contará coa axuda de psicólogos/as expertos/as nestes eidos para a confección de novas iniciativas.

Concellos #PoloBoTrato

A primeira iniciativa froito da colaboración da Fegamp co COPG é o decálogo Concellos #PoloBoTrato: unha serie de recomendacións e compromisos para combater o sexismo, fomentar a corresponsabilidade e loitar por unha igualdade real entre homes e mulleres. Recoñecendo a gran responsabilidade e capacidade de actuación das entidades locais como administración máis próxima á cidadanía, a Fegamp distribuíu aos 313 concellos e 4 deputacións provinciais un cartel cun decálogo de actuacións para aplicar no ámbito local e promover así unha cultura do bo trato.

Trátase dunha serie de compromisos para que as corporacións locais manteñan unha perspectiva de xénero nas súas diferentes actividades e así contribuír a construír unha sociedade máis igualitaria. Así, deféndese a prevención e o fomento de valores de igualdade nas actividades dirixidas a menores, eliminar o sexismo da linguaxe ou da publicidade, e tamén a ruptura cos roles de xénero tradicionais, fomentando a ética no coidado tanto de menores como de persoas dependentes.

Estas son algunhas das recomendacións incluídas neste decálogo co que se pretende difundir unha cultura do bo trato, fronte á habitual vitimización da muller. A construción dunha sociedade igualitaria é unha responsabilidade conxunta e iso afecta directamente ás administracións locais, como entidades con capacidade de transformar a sociedade. A promoción dunha cultura baseada no bo trato é unha ferramenta preventiva da discriminación histórica por razóns de xénero e, xa que logo, unha ferramenta para loitar contra a violencia de xénero.

Los psicólogos alertan de que el programa para prevenir conductas violentas en los hombres no da cobertura a los menores


A pesar de todos los recursos que se han puesto en marcha durante los últimos años en la prevención y la atención a las víctimas de violencia machista todavía quedan muchos pasos que dar. Algunos de ellos los recordaba ayer la decana del Colexio de Psicólogos de Galicia, Rosa Álvarez, durante la presentación, con el presidente de la Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, de un convenio de colaboración entre ambas entidades encaminado precisamente a mejorar la atención en los concellos.

La Voz de Galicia

COMPARTIR
Artigo anteriorXornadas Educación XXI
Seguinte artigoBecas