A coordinación entre o IES Castro da Uz e o Servizo Psicopedagóxico nunha ponencia

Coordinación Educación e Concello é o titulo da ponencia conxunta que presentamos a orientadora do IES Castro da Uz e as compoñentes do Servizo Psicopedagóxico Municipal. Queremos agradecer a Marta Crespo a súa iniciativa de presentar o noso traballo como un exemplo de boa practica profesional que ademáis nos permitiu compartir mesa de traballo coas técnicas do barrio de Fontiñas en Santiago e co psicólogo da UMAD e atoparnos con case todos os orientadores que nos últimos anos traballaron nos centros de As Pontes.