A CONCELLERÍA DE EMPREGO OFERTA DOUS NOVOS CURSOS

Curso de manipulador/a de alimentos

Permitirá aos beneficiarios adquirir os coñecementos básicos en materia de hixiene alimentaria, coñecemento das prácticas correctas e dos seus fundamentos, ademáis de recoñecer as prácticas incorrectas e as súas consecuencias. Serán 4 horas de contidos teórico prácticos que se desenvolverán nas dependencias do centro de dinamización empresarial de Seara, no polígono de penapurreira, e no que poderán participar un máximo de 50. Este curso dividirase en dúas quendas de 25 alumnos, unha en horario de mañá de 9.30 a 1.30 da tarde e a segunda de 4 a 8 do serán, sendo necesario anotarse dende hoxe mesmo e ata o vindeiro xoves 19, na área de emprego, do segundo andar da Casa Consistorial

Busca de traballo.

Buscarase formar ós participantes na búsqueda activa de emprego, con preparación para as entrevistas de traballo, a elaboración dun currículum ou a busqueda por internet, entre outras iniciativas. Cabe salientar que os participantes no curso continuarán coa asistencia e asesoramento dun profesional que seguirá ó seu dispor unha vez finalizada a formación para poder preparar curriculum, entrevista de traballo, ou o que precisen. E é que, mediante este curso, o que se pretende é que os alumnos e alumnas melloren o compromiso cos seus obxectivos, potenciando os seus coñecementos, habilidades e recursos propios para obter os seus obxectivos profesionais. Este segundo curso constará de 60 horas de duración, a desenvolver entre o vindeiro día 24 e o 8 de maio no centro de dinamización de Penapurreira. Habilitaranse tres grupos de traballo de 20 alumnos cada un polo que o número de prazas totais será de 60.
Os interesados en anotarse tamén poden comezar xa a realizar a súa inscrición achegándose ata a área de emprego, no segundo andar da Casa do Concello, e ata o vindeiro xoves 19 de marzo.