A bailar!

O venres 29 de abril  finalizarán as xornadas de baile polos centros escolares cun broche final para celebrar o día da danza. Unha actividade de fomento da danza aberta a  todol@s ponteses, que comezará nas pistas do colegio da Fraga de 16h a 18.30h no que guiados por bailaríns teremos unha master class para todas as idades. Esta sesión ten como obxectivo montar unha pequena función que se representará no parque municipal (Campo da Feira) as 19.30h.

Ánimate esta é unha actividade deseñada para o público en xeral sen necesidade de ter experiencia previa no baile.

E se non podes ir a master class achégate ao Campo da Feira as 19.30h para participar.