A AULA CEMIT DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ CELEBRARÁ 8 CURSOS O LONGO DO MES DE MAIO

CURSOS DE INICIACIÓN A INFORMÁTICA E PERFECIONAMENTO E 2 CURSOS MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello das Pontes celebrará 8 cursos durante o próximo mes.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes sito Edificio Dopeso, na rúa Rosalía de Castro nº 28, a través do enlace aulascemit.xunta.es/inscripcion , onde temos accesibles os programas e tamén as prazas libres existentes en cada momento; Ou chamar ao teléfono 664 139846, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.aspontes@xunta.es

Dentro das actividades están programados 2 cursos de Iniciación a Informática II (segunda parte de Iniciación), 2 cursos de Folla de cálculo, Nivel de Iniciación e avanzado, 2 cursos de Iniciación a Informática e Internet e 2 cursos dentro da planificación de Cursos Multimedia e Audiovisual 2012 do CeMIT.

As aulas cemit de 53 concellos galegos acollerán ata finais de ano novas actividades gratuítas relacionadas co sector multimedia e audiovisual, entre estes concello estará o noso das Pontes. A iniciativa conta con máis de seiscentas horas de formación e está previsto que chegue a máis de sete mil usuarios. As actividades forman parte do Programa de Formación 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT). As características principais destes cursos son que todos teñen un diploma acreditativo o rematar o mesmo, e que se fan polo sistema de Videoconferencia ou Videocolaboración, e dicir, que a traves dunha plataforma de formación podemos ver o profesor que se atopa fora da aula, en Santiago por exemplo, pero támen podemos facer preguntas, falar cos compañeiros, etc

Os 4 primeiros cursos deste tipo teñen lugar nos meses de Maio e Xuño e os restantes a partir de Setembro.

O desglose destes cursos quedaría:

A semana do 2 ó 11 de Maio inícianse 3 novos cursos: O curso “Introdución a Informática II”, co que se pretende que os alumnos con coñecementos básicos de ordenadores mellores os seus coñecementos. O horario será de 19:30 a 21:30 horas. (12 horas) “Introdución a Informática II, mañas”, cun horario de 12 a 14 horas, os xoves e venres. Número de horas 12 horas. Pensado para aqueles alumnos que xa teñen algún coñecemento adquirido. “Folla de cálculo”, duración 16 horas. Aprender o manexo dunha folla de cálculo: facturas, uso de funcións, gráficos, …. Horario de 17 a 19 horas.

A semana do 14 de Maio van ter lugar os 2 primeiros Cursos Multimedia, a súa duración é de 15 horas, celebranse os días 14, 15 e 16, nos seguintes horarios: POSICIONAMENTO WEB. De 9 a 14 H. Para aprender os sistemas de búsqueda dos servidores de Internet como o Google, e así poder mellorar as nosas propias Webs. TV POR INTERNET. De 16 a 21 H. Aprender todo o relativo os novos formatos de imaxes por Internet, para así pode mellorar a calidade dos vídeos que subimos.

A partir do día 24 de Maio retomanse as actividades nos seus horarios habituais.

E xa a última semana do mes iniciamos 3 novos cursos: 2 de alfabetización e un de perfeccionamento. O curso “Introdución a Informática e Internet”, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores. O horario será de 12 a 14 horas os martes e venres. “Introdución ó Software Libre”, iniciar os alumnos no uso dos ordenadores dende o punto de vista dos programas gratuitos de Sw libre. O horario será de 17 a 19 horas, de luns a xoves. 16 horas. “Folla de cálculo II”. Destinado a aqueles alumnos que xa fixeron o curso de “Uso dunha folla de cálculo” e queiran ampliar os seus coñecementos ou aqueles que xa traballasen algunha vez coas follas de cálculo e queren mellorar os seus coñecementos. Horario de 19:30 a 21:30, 16 horas.

Todos os nosos cursos son GRATUITOS. Xa esta aberto o prazo de matricula para os seguinte cursos Multimedia, os do mes de Xuño, a celebrarse a partir do 18 de Xuño. Os cursos son: Deseño gráfico Retoque fotográfico O número de prazas libres nestes momentos é reducido, e aínda que o prazo remata a finais do mes de abril, este mantense aberto ata cubrir todalas prazas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.