A AULA CEMIT DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ CELEBRARÁ 5 NOVOS CURSOS NO MES DE XUÑO

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de As Pontes celebrará 5 cursos durante o próximo mes, e tamén se iniciaran distintas actividades para celebrar o ano de apertura. Unha vez rematen o vindeiro día 8 de xuño os dous cursos abertos actualmente: un de “ Introdución o Software libre” e outro de “Folla de cálculo. 2ª parte” comezaremos as actividades programadas para este mes de Xuño.
Ademais dos Cursos do plan Multimedia e audiovisual da Xunta de Galicia, teremos un curso para o “Programa integrado para o emprego” plan de formación da Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Colocación” e outros dous de acceso libre de toda a poboación.
Para celebrar que neste mes de Xuño celebraremos un ano de apertura da Aula CeMIT, vamos celebrar un concurso de Logos, aberto a tódolos públicos, que empezara nas próximas datas e durara ata setembro (proximamente publicaremos as bases deste concurso) e tamén organizaremos talleres para que os alumnos que xa participaron nos nosos cursos e os que non, participen na creación dun novo cartel de anuncio dos cursos da aula CeMIT e un pequeno vídeo promocional da aula
Cursos deste mes de Xuño:
A semana do 11 de Xuño inícianse 2 novos cursos: • O curso “Calc Avanzado”, co que se pretende que os alumnos aumenten oscoñecementos no uso das Follas de cálculo. O horario será de 17 a 19 horas. E dividise en 2 semanas esta do 11 e a última do mes de xuño. (Reservado “Programa integrado para o emprego” do concello). Duración 16 horas. •
“Aprende a crear os teus propios logos”, cun horario de 19:30 a 21:30, no quese introduce os alumnos nas ferramentas necesarias para crear un logo. Aberto atoda a cidadanía. Número de horas 8 horas, de luns a xoves.
A partir do luns 18 e ata o 21 temos na aula os Cursos Multimedia, estes cursos son através de Videconferencia: • O curso “Deseño gráfico”, horario será de 10 a 14 horas. A través deste microcurso de 15 horas preténdese facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición. • “Retoque fotográfico”. En horario de 16 a 20 horas. Este microcurso de 15 horas ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas 1 necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneresou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades queofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes. E xa a última semana temos a continuación dun curso anterior para o Plan de Formación do Concello de As Pontes e o curso: • “Creando carteis. Crea un cartel para a túa Aula CeMIT”, tratase de usar as ferramentas existentes na aula para crear un novo cartel para publicitar a nosa aulae as actividades que se dan nela. Aproveitando coñecementos adquiridos en outroscursos como cámara dixital, retoque fotográfico, iniciación, procesador de textos, etc… realizaremos un ou máis carteis para promoción da nosa aula. A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes sito Edificio Dopeso, na rúa Rosalía de Castro nº 28, a través: • páxina web https://cemit.xunta.es/, • chamando ao teléfono 664 139846, • enviando un correo electrónico ao enderezo: cemit.aspontes@xunta.es • ou consultando o noso blog: cemitaspontes.blogspot.com ou no facebook: aula cemit as pontes