8 de marzo: Día da Muller

O vindeiro 8 de marzo celebrase o dia da muller traballadora, ou o dia da muller porque Non somos todas traballadoras? Hai quen pensa que temos avanzado moito en igualdade, que non ten sentido adicar un dia a reinvindicar a igualdade. Dende este servizo pensamos que ainda hai moito que facer xa que non é posible un cambio en apenas 20 anos.


Temos na nosa sociedade lacras coma a violencia contra as mulleres e as nenas e realidades sociais coma a desigualdade salarial, a non corresponsabilidade nas tarefas domésticas, a publicidade sexista, a feminización da pobreza…,Se falamos a nivel global o panorama é terrible: nenas que non van a escola, as que mutilan os xenitais, nais nenas, nenas soldado (si, tamén hai nenas)… Seguiremos avanzando cara a igualdade real e faremolo a través da educación, da imitación e o exemplo dos nosos pais e nais Varias esferas da vida familiar determinarán, segundo o trato, as expectativas e os roles, a súa forma de comportarse así como o papel que xogará o neno o a nena no futuro. Por elo, hai que ter presentes situacións como as que se enumeran a continuación: Os modelos familiares. O de predicar co exemplo sole ser moi axeitado. No seno familiar tradicional as ‘labores do fogar’ eran femininas e os ‘traballos’ masculinos e cambiar esa concepción é fundamental á hora de educar aos pequenos e pequenas na igualdade. Que o home asuma tarefas que tradicionalmente estaban ligadas á muller e viceversa fará que os nenos e nenas medren nun ambiente no que a igualdade entre os sexos sexa vista como algo normal. E importante que o reparto de tarefas no fogar se explique e que todos participen nelas. Valorar a diferenza como persoas e non como sexos. E normal que aos fullios/as non se lles trate da mesma forma; cada persoa é distinta e hai que aprender a que eles/as valoren que nesa diferenza descansa a riqueza. Nembargantes, o feito de valorar e apreciar as diferenzas non debe facerse en función do sexo da persoa e moito menos potencialas en base a elo. A expresión dos sentimentos. A capacidade de ser máis o menos expresivo cos sentimentos é una cuestión puramente persoal, interna de cada un e nada ten que ver que se trate dun neno/home o unha nena/muller A elección das actividades extraescolares. Os familiares deben fomentar a práctica de actividades alternativas sen facer diferenciacións en canto ao sexo. As habilidades para realizar unha u outra actividade non veñen determinadas polo sexo de quen as practica. A linguaxe Os familiares deben evitar a utilización de palabras, ditos populares, chistes o comentarios sexistas. E unha mostra de sensibilidade cara o tema que nos ocupa e un modelo de trato igualitario. Os medios de comunicación. E aconsellable que os familiares se senten cos nenos e nenas e lles expliquen qué están vendo na televisión , nunha revista o en calquera outro medio de comunicación. Algunhas mensaxes publicitarios (atención as dos xoguetes) poden encaixar ao home e á muller nos roles tradicionais, e os adultos deben ser críticos ao respecto. De esta forma fomentase unha actitude responsable. Os modelos de referencia máis próximos para os menores van a ser determinantes na aprendizaxe de valores e actitudes. No hai que esquecer que durante os primeiros anos as nenas e nenos aprenden pola imitación dos adultos, principalmente dos seus pais. De nos depende, en boa medida, que eses comportamentos e ideas se constrúan sobre una base de igualdade.