8 de marzo Día Internacional da Muller

A igualdade nos coidados é o eixo das actividades programadas polo CIM do Concello de As Pontes para conmemorar o 8 de marzo Día Internacional da Muller.

O día 18 as 10 da mañá terá lugar unha charla na que se falará dos homes como coidadores.

O programa tamén inclue a representación de dúas funcións teatrales: Tacóns na corda de Verdeveras Expresións Artísticas actuará o  día 13 ás 21.00 mentres que o proxecto DramatURSIA porá en escea Non quero ser Dulcinea o día 25 ás 11.00.

Ademais, durante varias xornadas, tanto os centros educativos como a biblioteca, celebrarán sesións coa igualdade como tema central.

Asemade, o  domingo 15, o parque da Fraga acollerá a celebración da primeira edición de  Corre por Elas.