3ª edición do curso “Xestión e Dirección de Proxectos de Participación Xuvenil”: aprende participando, decide aprendendo.

 

 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a terceira edición do Curso de xestión e dirección de proxectos de participación xuvenil que se desenvolverá simultaneamente durante o mes de abril en sete cidades galegas.

O obxectivo do curso é a mellora das competencias na planificación, redacción e xestión de proxectos de participación xuvenil dos/as traballadores/as no eido da xuventude e a educación non formal, dos directivos de entidades xuvenís e de acción voluntaria, dos/as coordinadores/as de programas de xuventude, así coma da mocidade en xeral.

Localidades: Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.

Datas de realización: 19, 20, 26 e 27 de abril de 2017.

Horario: de 16:00 a 21:00 horas.

Número de prazas: 15 por localidade de realización da actividade formativa.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Prazo de inscrición: do 3 ao 7 de abril de 2017

Duración do curso:  50 horas das cales:  20 serán teóricas con clases presenciais e 30 prácticas onde os/as alumnos/as terán que enfrontarse a redacción de dous proxectos de participación xuvenil, un no ámbito da educación non formal e outro no ámbito do voluntariado.

Mais info: xuventude.net

COMPARTIR
Artigo anteriorRegata
Seguinte artigoNenos con autismo