30 bolsas para un máster en Produción Xornalística e Audiovisual

 

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, en colaboración coa Fundación Amancio Ortega Gaona, convoca 30 bolsas (10 delas inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2018/19. Prazo de envío e presentación de solicitudes: ata o 3 de xullo de 2018. Abrirase unha segunda convocatoria ata o 23 de setembro de 2018 no caso de que queden prazas vacantes.

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: www.mpxa.net