3 de decembro día da discapacidade

Un neno ou nena con discapacidade é ante todo un neno ou nena

Os alegran as mesmas cancións, gústanlles os doces, as cores e os xoguetes, choran polas mesmas frustracións, enfádanse e reaccionan coa mesma intensidade que o fan o resto dos nenos/as. Ainda que a primeira vista decir que un neno ou nena con discapacidade ten un desenrolo emocional como outro sen esta característica, é un asunto que parece obvio; pero é bo telo presente porque así nos sentiremos máis cómodos e faremos que a súa integración ao mundo sexa máis doada: non son bichos raros nin seres extranos a os que hai que educar e tratar de forma moi diferente.
Outro punto é considerar que non todas as persoas con unha discapacidade desenrolan o mesmo tipo de personalidade. O feito de compartir un rasgo común non os fai iguais, en primeiro lugar porque cada discapacidade é diferente e toma aspectos “sui generis” en cada persoa; e, en segundo termo, porque as circunstancias familiares e ámbitos sociais que rodean a cada un deles os forma dun xeito único e irrepetible.
Neste senso, achergarmos ao coñecemento da esfera emocional é un mundo infinito de variacións e conleva unha aventura similar a de coñecer a unha persoa sen unha discapacidade. Non hai persoas especiais: cada un é especial e todos merecemos un lugar de primeira liña.

Nivel de adaptación
A boa ou mala adaptación á vida cotiá da familia, a escola e a vida social, depende máis do trato e da educación e do lugar que ocupe na súa familia, que do grao de discapacidade que sofra: nenos e nenas con grandes dificultades poden desenrolar personalidades abertas que saben disfrutar das alegrías da vida, a diferencia de outras persoas que teñen corpos máis áxiles e funcionais, pero cuxas necesidades non satisfeitas as fan temerosas e inseguras. Polo tanto, non é a discapacidade en última instancia a que determina a adaptación e o desenrolo dunha personalidade que logra encontrar momentos felices na vida.

A vida emocional dun neno ou nena con discapacidade é semellante a outro que non ten esta peculiaridade porque as súas necesidades emocionais son as mesmas: ambos requiren ser aceptados/as como son, e necesitan que esta aceptación e cariño se demostre verbalmente e con obras no trato diario.
Cualquer neno ou nena ten necesidade de recompensas polo deber cumprido. Este feito non é ni maior ni menor nun neno/a con discapacidade. O punto meio entre o reforzamento para que se anime a superar as súas discapacidades debe ser realista: nin esaxerado que lle le faiga sentir un ser extraordinario, nin menor que pase por alto os seus esfozos e o logro dos seus obxectivos.

Un neno ou nena con discapacidade require do estímulo para cumprir os seus deberes, entre os cales están as actividades propias da súa rehabilitación. Neste senso, a súa vida está máis ocupada e ten menos tempo para xogar; pero debes ter presente que, ao igual que cualquera outro neno/a, require de tempos de ocio e xogo xa que éste é o escape ás frustracións, o meio de ensaiar os roles adultos, é a forma máis divertida de exercitar as súas capacidades, e, sobre todo, a oportunidade de acomodar e superar as súas vivencias afectivas.

Os nenos ou nenas con discapacidade requiren dun control disciplinario semellante a outros nenos/as: punto dramático para algúns pais/nais e persoas que rodean a estes rapaces, porque teñen a tentación de compensar cos seus consentimentos excesivos o que consideran unha fatalidade do destino, moitas veces a expensas de tratalos de xeito diferente que aos seus irmáns o compañeiros, e esta situación está moi lonxe de axudalo na súa integración.
O mellor camiño para á integración está dentro das súas posibilidades reais de independencia, movilidade e comunicación; en permitir que o neno/a aprenda a tolerar a frustración, esperar o turno, recoller os xoguetes, conservar a limpeza, o orden e o acatamento de regras que cada familia impoña os seus membros. A disciplina, lonxe de perxudicalo/a, o fará sentirse parte da familia onde se respetan os seus dereitos pero lle son exixidas as súas obrigacións, e esto redundará nunha maior confianza en sí mesmo.

Ao igual que os nenos/as sen discapacidade, os pequenos/as con necesidades especiais requiren dun desenrolo de independencia; quizáis o seu problema, da índole que sexa (motor, visual, intelectual, etcétera), será un obstáculo cara o logro da autonomía plena e, a meirande parte da súa loita vital será o logro de valerse por si mesmo, tanto nas actividades de coidado persoal como nas de movilidade para asistir á escola, ao traballo, as festas diversións, etcétera. Os adultos responsables da formación destes nenos/as, ao igual que cualquera pai o nai, non deben esquecer esta necesidade humana de autonomía e deben tratar de axudalos a chegar ao punto onde desexen chegar.

Un aspecto da vida que contribue ao equilibrio emocional de todos os seres humans, con ou sen discapacidade, é o da comunicación: o neno/a con discapacidade ten, ao igual que outro, cualquera a necesidade de expresarse, saber e coñecer qué lle pasa e por qué; poder dicir qué sinte, ter vías adaptativas de exteriorización dos seus afectos e utilizar, na medida que lle sexa posible, as múltiples linguaxes que posúe como unha parte primordial do seu desenrolo creativo, abrindo canles de comunicación consigo mesmo e cos outros. Poder comunicarse con todos e falar e/o expresarse incluso acerca da súa propia discapacidade, é tal vez unha das necesidades emocionais máis importantes que teñen estos nenos/as.

A continuación os deixamos o enlace a páxina de Kalandraka: Libros para soñar

KALANDRAKA e BATA (Baión Asociación de Tratamento do Autismo, con sé en Vilanova) crearon unha nova liña na súa colección de libros de fácil lectura, dirixida a persoas con necesidades educativas especiais. “Nicolás va de compras” e “Nicolás cocina sin fuego”, que levan o selo Makakiños día a día e están ilustrados pola artista pontevedresa Alicia Suárez, son materiais complementarios -de coñecemento e experimentación- que axudarán no desenvolvemento da súa autonomía persoal e da súa intercomunicación co contorno ás persoas con Autismo, Disfasia, Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

COMPARTIR
Artigo anterior25 de novembro
Seguinte artigoTiempo de Juguetes