Crise na educación

Estudiantes, familias, profesores e sindicatos da ensino voltaron as rúas en defensa dunha escola pública e contra a Lomce

Pola súa parte, o secretario xeral de UXT de Madrid, José Ricardo Martínez, asegurou que a movilización «está máis xustificada hoxe» porque considera que o anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) é «unha brutalidade contra a cidadanía e unha estupidez conceptual»

A CEAPA (Confederación española de Anpas de centros públicos) di que o

anteproxecto de reforma da LOE, denominado LOMCE, supon, entre outras cousas:

• Vulnerar o dereito á educación, condicionando o futuro do alumnado deste país ao nivel socioeconómico das súas familias.

• Desmantelar a educación pública, en beneficio da privada.

• Voltar á escola do pasado desmontando os grandes avances experimentados polo sistema educativo español.

• Renunciar a seguir progresando na súa mellora; convertir a educación, mediante as reválidas, en unha carreira de obstáculos que vaia desahuciando alumnado ao que se lle tratará só como futura man de obra.

• Eliminar calquer atisbo de participación democrática da Comunidade Educativa pasando a depender dunha soa persoa as decisións que agora se toman no Consello Escolar.

• Despreciar a función pública docente.

• Renunciar á busca dun consenso social que dote de estabilidade ao noso sistema educativo.

• Obviar os problemas reais que perxudican aos ciudadáns con relación ao dereito á educación.

• E ningunear aos tribunais de xustiza, ao desobedecer unha sentenza do Tribunal Supremo que impide financiar con fondos públicos aos centros que segregan ao alumnado por sexo.