25 de novembro

Un home que viola a unha muller, iso é violencia. Unha muller que gaña menos que un home no mesmo posto de traballo, iso é violencia. Un adolescente que maltrata a súa noiva, iso é violencia. Un grupo de amigos bérralles cousas a unha muller so para demostrar a súa “homía”, iso é violencia. Un marido que obriga a súa muller a prostituírse, iso é violencia. Un home cree que a “súa” muller é o“seu” obxecto, iso é violencia. E todo iso é responsabilidade nosa. De todos e todas.
Unha travestí golpeada por un policía; un marido o fillo que esperan, naturalmente, que a súa esposa o nai lles prepare a comida; un home o, por que non, unha muller que chama “puta” a unha rapaza por exercer libremente a súa sexualidade, son feitos que se repiten diariamente e pouco se cuestionan. A pesares de que se condena a un violador case que unanimemente, a diario reprodúcense este tipo de situacións de violencia que pasan desapercibidas, que son capilares e que van construíndo e lexitimando actitudes violentas. Por conseguinte, aínda que sexa un punto central, a violencia contra a muller non terminará coas violacións, senón o día que, entre todos e todas construamos relacións de igualdade e respecto entre (todos) os xéneros.
Cada 25 de novembro celebrase en todo o mundo o “Día da no violencia contra a muller”. Esa data conmemora o asasinato das tres irmás Mirabal, o 25 de novembro de 1960, militantes opositoras á ditadura que exerceu por máis de 30 anos, Leónidas Trujillo na República Dominicana.
Segundo a “Declaración sobre a Eliminación da Violencia Contra a Muller”, emitida o 20 de decembro de 1993, “ entendese por violencia contra a muller a todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano o sufrimento físico, sexual o psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si se producen na vida pública como na vida privada”.
O día 25 de novembro foi declarado o Día Internacional Contra a Violencia cara las mulleres no primeiro Encontro Feminista para América Latina e o Caribe, celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981.No Encontro as mulleres denunciaron sistematicamente a violencia de xénero, desde agresións domésticas a violacións e tortura sexual o violencia de estado. E estaban no recordo as irmás Mirabal asasinades un 25 de novembro de 1960 pola ditadura de Rafael Trujillo na República Dominicana, onde son todo un mito ao igual que no resto de América Latina. A proposta feita por este Encontro foi recoñecida oficialmente en 1999 polas Nacións Unidas como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres.

As irmás Mirabal

Patria (n.1924), Dedé (n. 1925), Minerva (n. 1926) e María Teresa (n. 1935) naceron en “Ojo de Agua” na República Dominicana. Eran activistas políticas e símbolos moi visibles da resistencia á ditadura de Trujillo. Foron encarceradas repetidamente polas súas actividades e pola súa conciencia crítica e as súas opinións contra o ditador e na defensa da democracia e a xustiza.
As irmáns Mirabal tamén son coñecidas e se as representan como as bolboretas. Este era o nome secreto de Minerva nas súas actividades políticas clandestinas en contra da tiranía de Trujillo.
O 25 de novembro de 1960 tres das irmáns Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa
foron asasinadas por membros da policía secreta de Trujillo. As tres voltaban xunto con
Rufino de la Cruz a Porto Prata de visitar os seus maridos encarcerados. A noticia destes
asasinatos conmoveu e escandalizou á nación dominicana e impulsaron o movemento antitrujillo. Finalmente este foi asasinado en 1961 e o seu réxime caeu pouco despois.
As irmás convertéronse no símbolo da resistencia, tanto popular como feminista.
As súas vidas foron conmemoradas en poemas, cancións, libros e películas. Na década dos noventa, a escritora dominico-americana Julia Álvarez titula a súa novela, baseada na vida das irmás Mirabal, “Tres heroínas y un tirano”. Deste libro fíxose no ano 2000 unha película, “En el tiempo de las mariposas”, unha das protagonistas era Salma Hayek”, sendo o director o español Mariano Barroso.
O 8 de marzo de 1997 inaugurase un mural no enorme obelisco que Trujillo tiña erixido no seu propio honor en Santo Domingo, na pintura mural do obelisco vense imaxes das catro irmás e titulase “Un canto a la Libertad” (bonita ironía)

O vindeiro día 29 de novembro celébrase nas Pontes as III Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero: Mulleres Migrantes.
Picar no enlace para ver a información:
III Xornadas Locais de Violencia de Xenero: Mulleres Migrantes