25 de novembro: Marcha Mundial das mulleres. Acto en Narón

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

QUEREMOS CONVIDARVOS, COMO CADA ANO, A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA

PRAZA DA GÁNDARA(NO MONUMENTO Á MULLER)

DE NARÓN

ÁS 20:00H.

O MÉRCORES 25 DE NOVEMBRO, PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

“PAREMOS O FEMINICIDIO”

Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo, estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres.

Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista, e para que, xunto a outras e outros, aportemos as nosas vontades para facer realidade a utopía doutro mundo que é necesario construír, libre de violencia e de inxustizas, porque non é bo continuar con tanta dor, medo e impotencia, rabia, tristeza e frustración, polas múltiples agresións que, acotío, vivimos as mulleres.

MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UNHA VIDA SEN VIOLENCIA!!

Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!