25 de novembro Día internacional da non violencia contra as mulleres

As administracións públicas e entidades que traballan no apoio as vítimas de violencia machista perciben un preocupante aumento de casos entre as chicas menores de idade.Resulta difícil dar datos sobre a violencia de xénero entre adolescentes. En primeiro lugar, porque as enquisas e datos  sobre a xuventude comprenden idades desde os 16 anos ata os 30 . En segundo lugar, porque as accións de violencia de xénero entre adolescentes, sobre todo se son menores da idade penal, non aparecen nas cifras oficiais. Por outra parte, os adolescentes ven como algo moi lonxano, como algo que non lles afecta, a violencia de xénero. Es cousa de maiores…conmigo non vai…non o permitiría… Esquecen os adolescentes que seguimos vivindo, ainda cando algo temos avanzado na igualdade, nunha sociedade patriarcal-machista, onde o home considerase superior á muller. Os adolescentes viven como “en unha burbulla” respecto á violencia de xénero!

Ademáis, o ideal do “amor romántico” esta moi presente nas súas vidas. Soñan con ese amor, que lles ilusiona, que lles fai sentirse “maiores”, que lles permite una maior e máis afectiva compañía. Saben de verdade o periro que leva consigo un “amor romántico” mal entendido?

O blog mi novio me controla o normal da psicóloga Ianire Estévanez, que ela mesma define coma un blog para chicas confundidas polo amor que queren desconfundirse, é una ferramenta accesible para as adolescentes, cunha linguaxe e un formato axeitados a elas, a súa forma de vivir o amor, a súa idade e intereses. (www.minoviomecontrola.blogspot.com.es). Non deixedes de visitar esta páxina!

Queremos ofrecervos tamén un recursos aos pais, nais, familiares e amizades de mulleres xóves que padeceron -o padecen- violencia por parte das suas parellas. Trátase dunha guía que atopamos na páxina educarenigualdad.com

Accede a guía: guiapadresymadres