Exposición no mercado vello

Con motivo da celebración do 20 de novembro Dia internacional dos dereitos da infancia o Concello de As Pontes pon a dispor dos centros educativos de As Pontes e da contorna a exposición da Fundación Maria Jose Jove da Coruña  Adopción a mirada dos protagonistas

¿QUÉ É “ADOPCIÓN, A MIRADA DOS PROTAGONISTAS?”

E o título dunha exposición didáctica dirixida ao alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos de Galicia. E un recurso pedagóxico que ten como obxectivo mostrar aos alumnos/as dos centros educativos galegos unha nova ollada sobre a adopción desde a perspectiva dos fillos e fillas adoptados e os seus irmáns, así como coñecer a idea que os propios alumnos/as teñen sobre a adopción.A entidade pretende “formar e educar a poboación escolar e normalizar a visión da adopción como outra forma de facer familia”.

E unha mostra creada por e para os nenos. A través de 10 Sesións Didácticas, nenos e nenas adoptados e os seus irmáns plasmaron en diversas obras de arte a sua experiencia vital para ofrecela aos demáis nenos, e así poidan comprender mellor a súa DIVERSIDADE, favorecendo a CONVIVENCIA no ámbito da escola.