Escolas Deportivas Municipais

A partir do MÉRCORES día 19 de setembro iniciase a matrícula das Escolas Deportivas Municipais. Os impresos poderán recollerse nas oficinas do pavillón polideportivo municipal, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas. (Tfno.: 981 452 602 – deportes@aspontes.org)
O alumno considerarase matriculado unha vez realizado o pago da taxa vixente nos prazos establecidos.
As escolas deportivas que se impartirán son as seguintes:

  • ATLETISMO: mércores e venres de 16 a 17 horas e sábados de 11 a 13 horas no pavillón municipal, a partir de 5 anos.BALONCESTO: mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas no pavillón municipal, a partir de 5 anos
  • PATINAXE: xoves de 18 a 21 horas no pavillón Monte Caxado, a partir de 3 anos.
  • PIRAGÜISMO: mércores de 18 a 19 horas nun pavillón cuberto e domingos de 12 a 13 horas no pantano, a partir de 8 anos

    PSICOMOTRICIDADE: martes e xoves de 17 a 19 horas na piscina, a partir de 3 anos

  • TAEKWONDO: martes e xoves de 17 a 19 horas no pavillón municipal, a partir de 4 anos.
  • TENIS: martes e xoves de 16 a 22 horas nas pistas municipais de tenis e no pavillón IES Castro da Uz, a partir de 8 anos.

  • TIRO CON ARCO: martes de 17 a 19 horas, mércores e venres de 18 a 20 horas na bolera do Lar e nas instalacións do club no Poboado, a partir de 8 anos.
  • XADREZ: luns, martes e xoves de 18 a 19:30 horas no pavillón municipal, a partir de 5 anos.
  • XIMNASIA RÍTMICA: martes e xoves de 17 a 20 horas e venres de 17 a 19:30 horas no ximnasio do CEIP A Magdalena e no pavillón municipal, a partir de 3 anos
  • VELA: (obrigatorio saber nadar), domingos de 10:00 a 14:00 horas no pantano, a partir de 10 anos.