20 de novembro Dia Internacional dos Dereitos da Infancia

Informe de UNICEF A infancia en España 2012-2013 (resumo)

Os nenos e nenas son os últimos responsables da crise nembargantes están a sufrir as súas consecuencias de forma tan o máis grave que outros colectivos e grupos sociais. O impacto neles está a ser moito menos visible cando son precisamente os que menos capacidade teñen (individual e colectivamente) para enfrontarse a ela e as súas consecuencias.

Os niños sofren a crise nos fogares cando os seus proxenitores se quedan sen traballo e sen ingresos, cando eles e as súas familias son desafiuzadas,cando, a consecuencia dos menores ingresos familiares, empobrecese a calidade da súa alimentación, cando se deteriora o ambiente familiar o cando non poden custearse tratamentos médicos non incluidos nos sistemas públicos. Pero tamén repercuten neles as decisións políticas de

reducción do gasto público en axudas as familias, en becas escolares de

comedor o libros de texto, e non son alleos ao impacto das decisións xerais en materia de impostos e débeda pública, o as reduccións de presupostos destinados a servizos sociais, educativos o de saúde.

A POBREZA XA TEN, DEFINITIVAMENTE, CARA DE NENO

A pobreza infantil, estabilizada durante anos en torno a xa elevada cifra

do 24% da poboación menor de idade, incrementouse de 2009 a 2010 do

23,7% ao 26,2%, un incremento e unha porcentaxe nunca alcanzados

Hai máis nenos pobres, casi 205.000 nenos máis en risco de pobreza

en dous anos (2008-2010). Ademáis de ser máis, son máis pobres

O incremento da pobreza na infancia é significativamente maior que o do total da poboación. E dicir, o impacto da crise é máis duro nos fogares con neños que no conxunto dos fogares

Respeito á precariedade das familias con fillos, o indicador de fogares

con nenos menores de 18 anos que non teñen capacidade de afrontar

gastos imprevistos pasou de 2008 a 2010 do 28% ao 37%. A pobreza dos menores de 18 anos tamén estáse faciendo cada vez máis persistente.

Os nenos son xa o

grupo de idade que

é máis pobre.

A situación de desemprego dos proxenitores é unha das situacións máis asociadas á pobreza e que ten un impacto máis contundente na situación familiar. Os niños non son, por tanto, en nada alleos as tasas de desemprego.

120%

Porcentaxe de aumento de

familias con nenos e todos os

seus membros en paro entre

2007 e 2010.

As prestacións contributivas por desemprego proporcionan unha protección importante, pero relativa, respeito aos nenos: só teñen en conta parcialmente a presenza de nenos no fogar a la hora de calcular o seu importe (e a partires do terceiro fillo o importe da prestación deixa de incrementarse). A súa vez, as familias con proxenitores máis xóves están menos protexidas: os seus periodos de cotización e de dereito á prestación son máis curtos e normalmente as súas bases de cotización (e polo tanto a axuda percibida) son menores. Tras catro años de destrucción de emprego, moitos fogares agotaron a posibilidade de percibir estas prestacións, que serviron de colchón durante os primeiros anos da crise para as familias.

A crise non só provoca un forte aumento do desemprego, senon tamén está presionando á baixa os salarios dos membros activos das familias co cal, en moitos casos, ni siquiera o emprego permite sacar ao fogar da pobreza

53%

Crecemento da pobreza

crónica na infancia desde

o 2007 ao 2010

Cambios de domicilio forzados pola situación económica, non poder

pagar o comedor escolar, o dentista, as gafas, a excursión do colexio, non poder comprar a roupa dos nenos, a progresiva dependencia da axuda das organizacións sociais, e tamén o cambio de perfil das familias que acoden a elas. Xunto as familias que xa eran usuarias dos servizos de Cruz Vermella (por poñer un exemplo) hai cada vez máis familias consideradas de “clase media” que por primeira vez na súa vida acoden a este tipo de axudas. Ainda así, non hai que esquecer que a crise non só incorpora a novos fogares á pobreza, senon que afonda tamén a precariedad dos que xa estaban nela.

Nos fogares a falla de ingresos o a reducción destes pódese constatar nun empeoramento da calidade da alimentación (relacionada co consumo de menos produtos frescos), as condicións do fogar (hacinamiento,frío na vivenda), e tamén afecta á calidad da convivencia e as relacións entre pais e fillos.

Reducir os gastos domésticos tamén pode afectar á educación dos nenos: a menor participación en actividades extraescolares o non poder pagar a roupa deportiva é unha das cousas das que informan os propios nenos. Esta reducción en gastos educativos, en deporte, ocio e tempo libre, actividades que poden resultar prescindibles para moitos adultos, ten unha importancia moito maior para os nenos e as nenas, xa que son moi valiosas para o seu adecuado desenrolo socioeducativo.

As familias con nenos afectadas polos procesos de execucións hipotecarias,(número crecente destas dende 2007 ata 2010 (de 25.943 ata 93.636) fai supoñer que o impacto sobre os nenos da pérda do domicilio familiar é moi importante. Esto pode ter consecuencias importantes na vida dun neno: supón un cambio de vivenda, pero tamén pode selo de coidadores, de cidade, de rexión, de país (especialmente no caso de fillos de pais extranxeiros). Ademáis as posibles solucións abocan fácilmente ao hacinamento e á degradación do entorno físico, familiar e social do neno.

Cando se acentuó a crise económica en 2010, unha das primeiras medidas de reducción do gasto público en España18 foi a eliminación da única

axuda universal ás familias con fillos que existía no noso país: a prestación

por nacemento o adopción aprobada pola Lei 35/2007. Esta

prestación, coñecida como “os 2.500 euros” só estivo en vigor tres anos

e medio e a súa supresión foi acompañada, no mesmo decreto, pola reducción da prestación por fillo a cargo da Seguridade Social para menores de 3 anos de 500 euros ata 291.

As axudas diminuiron o seu importe, se teñe restrinxido a súa cobertura, (endurecendo as condicións económicas e familiares para poder acceder a elas), o simplemente elimináronse.

A reducción das axudas monetarias vai acompañada da reducción noutro tipo de axudas en especie o de compensación de gastos.

Especialmente, no ámbito educativo, se ten observado unha clara tendencia a reducir as axudas e becas relacionadas cos estudios, os libros de texto e o servizo de comedor para os nenos de familias con poucos ingresos.Como mostra, algunhas Comunidades que foran pioneiras na gratuidade universal dos libros de texto mediante programas de préstamo e reutilización como Castela-A Mancha o Galicia suprimiron estas axudas e as sustituiron por sistemas de becas con moito menos alcance.

A inversión en educación de calidade constitue a mellor garantía para o crecemento sostible e equitativo dun país. Cunha tasa de abandono escolar temperá que se sitúa por riba do 28%, España segue a ter un importante problema educativo que se debe abordar con carácter de urxencia. Neste contexto, a propia Unión Europea advertiu de que “os recortes nos presupostos de educación ameazan con socavar o potencial de crecemento da economía e a competitividade”.Resulta difícil, polo seu escaso percorrido temporal, analizar neste momento o impacto real sobre a infancia das decisións máis recentes relativas ao sistema de saude pública.

Así, por exemplo,ten xerado especial preocupación a retirada da tarxeta sanitaria aos extranxeiros sen autorización de residencia, incluida entre as medidas urxentes de sostenibilidade do Sistema Nacional de Saude. Ainda que o decreto reitera a garantía de asistencia sanitaria aos menores extranxeiros nas mesmas condicións cos españois, numerosas experiencias e estudios europeos confirman as dificultades dos nenos extranxeiros cuios pais están nesa situación.

Se queres ler o informe completo: Infancia_2012_2013_final