Borrador de horarios de clases colectivas.

conser

Publicamos un segundo borrador dos horarios de clases colectivas do Conservatorio Profesional de Música das Pontes logo de facer uns pequenos trocos.

Se detectades algún problema, como por exemplo coincidencia con clases do colexio ou instituto e similares, tedes de prazo ata o 5 de xuño para comunicárnolo vía correo electrónico para que podamos facer as modificacións necesarias.

Lembrade, sobre todo os alumnos e alumnas que pasan a grao profesional, as novas materias que teredes que cursar, como banda – os de vento -, orquestra – os de corda – e coro – pianistas e guitarristas – e que a maiores haberá que incluír nos horarios individuais as clases de instrumento, conxunto, optativas, música de cámara, etc.

Tamén compre lembrar que toda esta previsión pode verse modificada se a crise sanitaria continúa o vindeiro curso e estaremos atentos ás instrucións que nos cheguen dende a Consellería de Educación, das que vos informaremos puntualmente.

 

Horarios Colectivas curso 20/21