14 de febreiro San Valentín

Nunha xornada coma a de hoxe, a de San Valentín, celebrada na nosa cultura (e en moitas outras) coma o día do amor e a amizade gostaríanos falar do ideal de amor asimilado polos máis novos, xa que é un dos aspectos máis sensibles na vida dos e das adolescentes. O ideal de amor romántico asimilado na maioría das ocasións polos máis novos ofrece un modelo de conduta mitificada e estereotipada que provoca efectos nefastos perpetuando a relación de desigualdade entre os sexos.

Isto dificulta o establecemento de relacións sanas, provocando a tolerancia de comportamentos abusivos, polo que é moi necesario traballar este aspecto cos adolescentes xa que as primeiras experiencias durante esa etapa da xuventude, será a referencia para as futuras relación na idade adulta.

Cada día é máis común observar entre estas idades comportamentos como:“se te controlo é porque te quero”, “quero saber constantemente donde e con quen estás”, “se teño celos é porque te quero”, agravándose isto co uso tan arraigados entre os xóvenes das novas tecnoloxías:“con quen falabas estando en línea no whatsapp se a min non me respostabas?!”.Debemos aclarar que isto realmente non é amor!

Este tipo de conductas son inxustificables (aínda que en moitas ocasións son xustificadas pola persoa que as sufre para non sentirse mal, aumentando esa dependencia que a parella lle xera) e deben ser erradicadas tornándose en: “quérote tal e como eres”, “respétote e coidote porque te quero” xa que PARA AMAR O PRIMEIRO É RESPETARSE TAL E COMO SE É.

Ninguén é unha pertenza doutra persoa, todos somos seres humáns libres.

Unha parella non “te completa”, nin é a “túa media laranxa”, unha parella é un compañeiro ou compañeira ca que elixes compartir a túa vida ou unha etapa da mesma pero ti sempre eres ti, así debes selo, e así debe aceptarte a túa parella. Endexamáis alguén que te quere che debe faltar ao respeto nin facerche sufrir de maneira intencionada, por moito que intente xustificar con palabras ese sufrimento.

Con isto dexexámosvos un feliz día do amor, pero un feliz día DO AMOR SAN!

Escrito por: Lucía Felpeto estudiante de Educación Social