Universidade senior da UDC en As Pontes

 

Aberto o prazo de incrición para o programa “Compartir experiencias e coñecemento”, dirixido a persoas maiores de 50 anos, da Universidade Sénior da UDC.

Trátase dun ciclo formativo, que se desenvolverá entre os meses de xaneiro e abril, dividido en tres módulos centrados en aspectos relacionados coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade e a promoción de hábitos saudables.
Cada seminario incluirá tres sesións teóricas, impartidas por profesores de la UDC, e unha sesión práctica.

As persoas interesadas neste curso, que comezará o próximo 23 de xaneiro, xa poden formalizar, ata o 20 de xaneiro, a matricula a través da páxina web da UDC

📅 Prazo de matrícula: do 10 ao 20 de xaneiro.
📅 Inicio do curso: 23 de xaneiro
Matrícula de balde

Todas as clases serán os mércores de 17:00 a 19:00h na Casa Dopeso.

Non é necesario cumprir ningún requisito académico

COMPARTIR
Artigo anteriorXubemociona
Seguinte artigoAula Hospitalaria do CHUF