Conquista os elementos

 

As Pontes acolleu o vídeo forum “CONQUISTA OS ELEMENTOS” organizado pola área de igualdade da Deputación Provincial da Coruña co obxectivo de visibilizar o deporte feminino e as súas protagonistas

Máis dun centenar de escolares do municipio participaron neste acto que contou coa presenza de Montserrat García, tenente de alcalde e as deportistas pontesas Malena Mieres e Cynthia Arias.