As Pontes en Pezas

 

­

O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Cultura, vai poñer en marcha o proxecto As Pontes en Pezas, unha iniciativa que estará integrada por diferentes actuacións culturais abertas a toda a veciñanza e que se desenvolverán por todo o municipio pontés.

Parques, paredes e prazas serán o lenzo deste proxecto participativo no que tamén se contará coa colaboura da artesá Carolina Díguele que, precisamente, xa a pasada semana daba a coñecer a primeira das actividades deste proxecto: unha obra de tecido en lá aberta a veciños de todas as idades, teñan ou non experiencia coa agulla.

Mañá daranse a coñecer o resto de entresixos desta interesante iniciativa. Será nun encontro aberto a todo o público e que se desenvolverá ás 20.00 horas no salón de actos da Casa Dopeso.