11 de Outubro. Día da nena

A prensa de hoxe fala de que 14 millóns de nenas son forzadas cada ano a casarse no mundo, 3 cada segundo o informe “El estado mundial de las niñas 2014” da ONG Plan Internacional

  • Desde 2007 a campaña global Por Ser Nena busca acabar coa discriminación de xénero que afecta a millóns de nenas en todo o mundo garantindo ao menos 9 anos de educación gratuita e de calidade para as nenas e  rompendo as principais barreiras que impiden as nenas ir a escola: o matrimonio temperán, o traballo e a violencia no entorno escolar.
    • Por Ser Nena quere reflectir a vulneración sistemática de dereitos das nenas nos países en vías de desenrolo. Desde 2007, PLAN, publica un informe ao ano en el marco da campaña co obxectivo de recoñecer os avances nesta loita, pero tamén os desafíos que quedan pendentes para lograr que a equidade de xénero sexa unha realidade no mundo.


    • As nenas educadas son capaces de transformar as suas vidas, as das suas familias e as suas comunidades. Por ser nena busca afondar nas dificultades que enfrontan as nenas nas suas vidas, avalialas e ofrecer a educación como resposta conscientes de que un so ano extra de educación secundaria dunha nena aumenta en entre un 10 e un 15 por cento os ingresos da nena cuando sexa muller o de que cada ano extra de educación dunha  nai reduce a posibilidade de mortalidade infantil dos fillos entre un 5 e un 10 por cento.
      • A educación é unha das mellores armas contra o matrimonio temperán, o traballo infantil e otras vulneracions dos dereitos fundamentais e a discriminación da infancia. Garantir as nenas unha educación de calidade e o aceso a 9 anos de educación (6 años de primaria e alo menos 3 de secundaria) é a clave para que as nenas poidan transformar a sua vida, ser donas do seu destino e favorecer o desenrolo do seu país.

Visita a web da campaña:  www.porserninas.org