Axudas para universitarios/as

Axudas para a matrícula universitaria en Galicia PDF Imprimir
Luns, 16 Xaneiro 2017 07:34
estudantessA Consellería de Educación convoca axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/17.

Requisitos:
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE nº 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado como mínimo de 45 créditos.

Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2014/15 ou no 2015/16 e non ter obtido a bolsa no curso 2016/17.

Ter superado no curso 2015/16 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
– En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
– En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.

Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.

Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
Familias de 1 membro: 14.112,00 €.
Familias de 2 membros: 24.089 €.
Familias de 3 membros: 32.697 €.
Familias de 4 membros: 38.831 €.
Familias de 5 membros: 43.402 €.
Familias de 6 membros: 46.853 €.
Familias de 7 membros: 50.267 €.
Familias de 8 membros: 53.665 €.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 € por cada novo membro computable da familia.

A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas, que é dun máximo de 862,90 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 618,10 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de febreiro de 2017

Máis información no DOG do 16 de xaneiro de 2017

Fonte: xuventude.net