Aulas de Diversión

O Concello de As Pontes, desde o Servizo Psicopedagóxico Municipal, pon en marcha de novo o programa de ocio educativo Aulas de Diversión.

Nesta primaveira ofertaranse aos nenos e nenas de 3 a 12 anos  actividades educativas que terán lugar na Casa de Don Pedro os sábados pola mañá de 10:30 a 13:30 , co seguinte calendario:

Os camiños de As Pontes: Sendeirismo 30 de abril
As Pontes a vista de neno/a: Obradoiro de fotografía: 7 de maio.
Abróchate o cinto!: Obradoiro de Educación Vial: 14 de maio
Xogos no parque: 21 de maio
Baby radio As Pontes: Obradoiro de radio: 28 de maio
-Fin de festa 4 de xuño

Se queres participar e pasalo ben  tes que estar Na Casa de Don Pedro os sábados as 10:30 da mañá a partires do sábado 30 de abril.

Sé puntual!