10 razóns para non practicar sexting

A Xunta pon en marcha una campaña para concienciar tanto a mocidade coma as persoas adultas dos perigos que ten difundir determinadas fotografías ou vídeos (de caracter erótico)  a través de internet e das redes sociais.

A Xunta incide na importancia dun uso responsable e seguro das novas tecnoloxías coa fin de evitar os posibles riscos por razón de xénero, e na busca da prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital

A secretaria xeral de Igualdade indicou que España ocupa o terceiro lugar do mundo, detrás de Brasil e Italia, no uso de redes sociais e o primeiro en Europa en facelo dende dispositivos móbiles. Isto conleva un aumento dos delitos relacionados con elas e así, neste ano 2014, máis de 200 persoas foron detidas por delitos sexuais ou de acoso en España. As cifras reflicten que, nos casos de sexting, as mulleres son vítimas de delitos relacionados con esta práctica en maior medida que os homes.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, indicou que o uso seguro das TICs e das aplicacións das contornas virtuais é unha das principais liñas de actuación dos técnicos do servizo ‘Quérote máis’ e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porque “os mozos e mozas poden ter unha percepción do risco máis baixa na hora de compartir unha certa imaxe”.

Normalmente estos contidos se crean para envialos como regalo á parella o como unha ferramento de flirteo, co que o autor é responsable do primeiro paso na difusión. A partires de aí, a foto o vídeo pode entrar n unha cadea de reenvíos que fai que poidan ser coñecidos de forma masiva e acabar na red, unha situación que escapa ao control do protagonista.

En España, un 4% dos menores entre 10 e 16 anos recoñece terse feito  fotos o vídeos  unha postura sexy (non necesariamente desnudos ni eróticos) utilizando o teléfono móvil e o 8,1% declara ter recibido no seu teléfono imaxes dese tipo de chicos o chicas coñecidos

10 razóns para non practicar sexting get_file