1 de decembro Día Mundial do SIDA

Algunhas estadísticas sobre o sida son alentadoras: a finais de 2014 as novas infeccións polo VIH diminuiran nun 35% desde o máximo do año 2000, e as mortes relacionadas coa enfermidade reduxeronse nun 42% desde o máximo de 2004. Pero non podemos baixar a garda: en todo o planeta 35 millóns de persoas viven con sida, casi todos nos países en desenrolo.

A mocidade ten unha baixa percepción do risco de contaxio

No noso pais a idade de inicio das relacións sexuais adiántase e esta xente tan nova xa non ten medo ao SIDA como tiñan os xoves dos 90 que tiñan moi claro o de “póntelo, pónselo”.De feito a prevalencia  das enfermidades de transmisión sexual aumentan neste grupo de idade de forma alarmante incuida a SIDA (o 30% dos novos contaxios son de xoves menores de 30 anos)  Se a esto lle engadimos o aumento de embarazos en adolescentes, a cada vez maior utilización da pídora poscoital, as relacións de noviazgo adolescente cargadas de violencia machista vemos que, mais que nunca é necesaria unha educación afectivo-sexual que ten que empezar polos fogares falando cos fillos e fillas de sexo e continuar no eido educativo cunha programación baseada na igualdade de xénero e na diversidade afectivo-sexual e no disfrute dunha sexualidade responsable.