“Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”

Amplíase o prazo ata o próximo día 10 para enviar traballos ao congreso do Ateneo sobre Cuba

Imaxe do congreso do pasado ano organizado pola entidade cultural    j.m.

Imaxe do congreso do pasado ano organizado pola entidade cultural j.m.

O Ateneo Ferrolán segue adiante cos preparativos do congreso denominado “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” que se celebrará no seu local do 13 ao 15 de novembro. A cita, que nun principio estaba aberta a recibir traballos e ponencias ata fins do mes pasado, vén de ampliar a data para os investigadores interesados ata o 10 de outubro, co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Un evento no que non se deixará de falar de cuestións como a economía, mais tamén a educación, a cultura ou o despetar dunha conciencia de país.

A cita tamén inclúe actividades como unha exposición bibliográfica, hemerográfica, fotográfica e de outros obxectos sobre as relación entre Cuba e Ferrol, Eume e Ortegal; unha exposición en paneis sobre as relacións entre a emigración a Cuba e o desenvolvemento das reivindicacións da lingua e a cultura galega; e outra publicación central sobre a relación entre Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba, e afondando no protagonismo de xente da bisbarra na adopción dos símbolos de Galicia.

Diario de Ferrol