‘Os Bolechas aumentan a familia’ conto sobre o acollemento familiar

Benestar impulsa a divulgación do acollemento familiar a través dun conto dos Bolechas.

Na actualidade, a porcentaxe de acollemento familiar representa en Galicia o 65 por cento fronte ao 35 por cento de menores en residencias

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe en Santiago o libro ‘Os Bolechas aumentan a familia’ do autor Pepe Carreiro e publicado por Edicións Bolanda, co que colabora o departamento autonómico

A Xunta distribuirá 5.000 libros por centros educativos, bibliotecas e entidades que traballan coa infancia e as familias

Mato incidiu na importancia do recurso do acollemento familiar, xa que ofrece aos menores o afecto e a seguridade que lles outorga crecer e convivir no seo dunha familia.

Ver conto: conto os bolechas