• FAMILIAS [+]

    Nesta sección atoparás información útil, recursos e ligazóns sobre temas educativos.
    información padres
  • PSICOPEDAGÓXICO [+]

    Información educativa do Concello de As Pontes.
    psicopedagóxico
  • NENOS E NENAS [+]

    Acceso a recursos e enlaces educativos, co fin de axudar na aprendizaxe
    aos nenos e nenas entre 3 e 16 anos.
    alumnado
0

Campamentos de verán da Xunta para persoas con discapacidade

Escrito por admin 16 may, 2012 Escrito na categoría Xeral, familias, nenos e nenas

A Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade para o verán de 2012.

Poderán solicitalos todas aquelas persoas que:
Teñan unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Teñan unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas
Vivan habitualmente no seu domicilio
Non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade
Presenten unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van desenvolver e coas características da instalación.

Prazo:
Ata o 31 de maio, incluído, para as prazas de integración.
Ata o 15 de xuño, incluído, para as prazas específicas.

Máis información en http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentosveran e no Servizo de Programas de Promoción da Autonomía Persoal, Tfno.: 981 540 137

Folleto_Campamentos_de_veran

0

Atención alumnado de FP e PCPI

Escrito por admin 15 may, 2012 Escrito na categoría Xeral, adolescentes, familias

A Consellería de Educación convoca axudas económicas para o alumnado  que realiza formación práctica en centros de traballo e a remata antes do 31 de decembro de 2012

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. Primeiro prazo, 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos de outubro 2011-marzo 2012 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2012. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2012. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2011-2012.

O alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2012 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2012 para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2012 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2012. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2012. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2012, acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

O alumnado que reúna os requisitos para participar nesta convocatoria presentará a seguinte documentación:

– Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde.

– Certificado do domicilio de residencia durante o período de realización da FCT, segundo o anexo II desta orde.

– No caso de non dar o consentimento para a comprobación telemática do DNI ante o Ministerio da Presidencia, segundo establece o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, fotocopia do DNI.

– Declaración responsable da titularidade da conta bancaria segundo o anexo III.

As solicitudes, xunto co resto da documentación requirida, poderanse presentar no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Máis Info pincha aquí: dog

0

Alertan del aumento de dolencias físicas ligadas al abuso de la tecnología

Escrito por admin 15 may, 2012 Escrito na categoría Xeral, familias, nenos e nenas

Los médicos detectan más tendinitis y pérdidas auditivas en niños y jóvenes

Golpear repetidamente el teclado de un teléfono móvil, jugar durante horas con videoconsolas o escuchar música a todo volumen son conductas frecuentes que a la larga pueden propiciar la aparición de dolencias físicas. Los médicos lo comprueban en el día a día de su consulta. «Si bien es cierto que no se puede hablar de una epidemia, sí de un claro incremento de lesiones causadas por el abuso tecnológico», señala el presidente de la Sociedad Matritense de Cirugía Ortopédica y Traumatología, Miguel Ángel Plasencia

Los centros de salud reciben cada vez a más pacientes aquejados por tendinitis, epicondilitis -inflamación de las inserciones musculares en el hueso exterior del codo-, sobrecargas musculares, ojo seco o pérdida de audición, enfermedades provocadas por el uso desmedido de dispositivos tecnológicos. De ahí que estas lesiones clásicas reaparezcan bajo nombres como esqueleto de portátil, que surge cuando se adoptan malas posturas frente al ordenador. La incorrecta altura de la pantalla, especialmente en los portátiles, obliga a tener el cuello en flexión produciendo una sobrecarga en la zona.

Los casos de niños con molestias en la espalda se han incrementado. «Los padres lo achacan al peso de las mochilas, pero influye todo, también cómo se sientan en clase o en el sofá de su casa para jugar con las videoconsolas», razona Plasencia.

El doctor Julio Bonis fue quien acuñó el término Wiitis. La última generación de este tipo de dispositivos -como la consola de Nintendo o el Kinect de Microsoft- simula movimientos reales que el jugador realiza sin haber calentado previamente. Aparecen lesiones tendinosas -en dedos, muñecas, codos y hombros-, aunque no afectan a la estructura del tendón.

Otras molestias no tan frecuentes se atribuyen al uso indiscriminado de teléfonos móviles inteligentes, responsables de patologías como el codo de móvil o el pulgar de Blackberry.

Vibración fantasma

Neurólogos de Estados Unidos comienzan a emplear la expresión síndrome de la vibración fantasma. El profesor de la Universidad de Maryland Jack Tsao explica que «el cerebro integra el teléfono a la estructura corporal y que sus señales son percibidas, incluso en su ausencia». Una sensación parecida a la que padecen personas que han sufrido la pérdida o la amputación de uno de sus miembros.

Otro problema común es el síndrome de la pantalla de visualización. Fijar la vista en pantallas durante largos períodos reduce la frecuencia de parpadeo hasta tres veces por minuto, cuando lo normal está entre doce y veinte. La falta de lubricación desencadena sequedad ocular y dolor, así como visión doble y borrosa. Los oftalmólogos recomiendan parpadear de forma constante, mirar a lo lejos reiteradamente y disminuir el tiempo de concentración en la pantalla.

El oído de iPod es la pérdida de audición que ocasiona escuchar música con auriculares y a volumen exagerado. El secretario de la Asociación Española de Otorrinolaringología, Cristóbal López-Cortijo, recomienda aislarse por unos días del ruido -una «cura de silencio»- cuando se ha estado sobreexpuesto a frecuencias de sonidos muy altas. López-Cortijo reconoce que existe un aumento de pacientes con pérdidas de audición precoces, por debajo de los 60 años y alerta de lo que denomina «contaminación sorda»: la gente que escucha música a unos 80 decibelios de forma prolongada pierde progresivamente audición y cuando se da cuenta con el paso de los años, cuando es ya irreversible.

NUEVAS ENFERMEDADES

«Codo de móvil»

Antes llamado «codo de tenista». La musculatura se resiente al mantener el codo elevado y separado del cuerpo constantemente.

«Oído de iPod»

Pérdida de audición que ocasiona oír música con auriculares y a volumen exagerado. La OMS fija en 65 decibelios el ruido tolerable.

«Síndrome de la pantalla de visualización»

Fijar la vista en pantallas durante largos períodos reduce la frecuencia de parpadeo y produce sequedad ocular, visión doble y borrosa.

«Pulgar de Blackberry»

Los móviles con teclados pequeños obligan a hacer un movimiento repetitivo que sobrecarga el tendón del pulgar.

Fonte: La Voz de Galicia

0

Axudas a mozas e mozos para a obtención do permiso de condución clase B

Escrito por admin 14 may, 2012 Escrito na categoría adolescentes, familias, psicopedagóxico

Normativa

Orde do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 91 do 14/05/2012)

Obxecto

Facilitar axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.

Requisitos dos/das solicitantes

Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:

  1. Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
  2. Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude.
  3. Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
  4. Teñan a súa residencia en Galicia.
  5. Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.
  6. Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2, 5 veces o IPREM  para o 2012, incluíndo as pagas extraordinarias, ponderado segundo os membros da unidade familiar, do xeito que se indica:
N.º de membros da unidade familiar Ingresos máximos
1 14.910, 28
2 16.556,98
3 ou máis 18.637,85

As persoas beneficiarias quedarán obrigadas a:

  1. asistir ao curso de educación viaria gratuíto organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e superalo con éxito.
  2. obter o permiso de condución clase B entre o 1 de xaneiro de 2012 e antes do 15 de outubro de 2012 como requisito previo á percepción da axuda.

Contía da axuda

O importe da axuda será de 200 € por beneficiario/a, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.

Documentación

  1. Solicitude
  2. Fotocopia do DNI para españois ou documento equivalente para nacionais da Unión Europea, ou tarxeta de residencia do solicitante no caso de naturais doutros países, cando o/a solicitante non autorice a Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no SVDI.
  3. Fotocopia da declaración do IRPF dos membros da unidade familiar obrigados a declarar, correspondente ao último exercicio fiscal. No caso de non ter obriga de declarar, certificación de Facenda da dita circunstancia e declaración xurada de ingresos, acompañada dos correspondente xustificantes.
  4. Certificado de convivencia dos membros compoñentes da unidade familiar.
  5. Certificado do Inem como demandante de emprego no que conste o tempo de permanencia na situación de desemprego.
  6. Fotocopia do carné xove vixente.
  7. Certificado de empadroamento nalgún concello de Galicia cando o/a solicitante non autorice a Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no SVDI
  8. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as actividades obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo II).
  9. Certificación bancaria do número de conta do cal sexa titular a persoa solicitante.
  10. Declaración de non estar incurso nas prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, conforme o anexo II.

Lugar de presentación

Prazo

Ata o día 1 de setembro de 2012 (agás que se esgote antes o crédito orzamentario dispoñible).

0

Xogos no parque: Aulas de diversión

Escrito por admin 14 may, 2012 Escrito na categoría familias, nenos e nenas, psicopedagóxico

O vindeiro sábado 19 de maio disfrutaremos do bo tempo, no Parque: Campo da Feira a través de distintas actividades. Ven a pasalo ben cos teus amig@s. Esperámosvos na casa de Don Pedro a partires das 10:30 h.Bicoooooooos!!!

0

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes.

Escrito por admin 11 may, 2012 Escrito na categoría Xeral, psicopedagóxico

Normativa:

Orde do 26 de abril de 2012 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias, no próximo curso académico 2012-2013.(DOG nº 89 do 10/05/2012)

Obxecto:

Convocatoria de prazas e axudas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo .

Requisitos de acceso:

  • Posuír a nacionalidade española ou sexan nacionais dun país membro da Unión Europea, estranxeiros residentes en España no momento da solicitude.
  • Reunir os requisitos académicos previstos na LOXSE.
  • Acreditar as circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos públicos: non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os devanditos estudos, ben na localidade de residencia, ben nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Poderánse ter en conta outras circunstancias como condicións de orfandade, fillo de emigrantes ou situacións familiares moi graves, que se acreditarán documentalmente.

Axudas:

Obterán praza gratuíta os residentes ós que o limiar de renda familiar correspondente ao 2012 non exceda do que se fixe na convocatoria de bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral.

  • Os que superen ata un 10%: 525 €
  • Os que superen en máis dun 10% e ata un 20%: 805 €.
  • Os que superen en máis dun 20% e ata un 30%: 1.275 €
  • Os que a superen en máis dun 30%: 1.920 €.

A valoración das solicitudes admitidas abranguerá dúas cualificacións: a académica e a socio-económica.

Academicamente será preciso o cumprimento dos requisitos esixidos para o efecto pola lexislación académica vixente para poder acceder ao curso que se solicite, sempre que non teña máis de dúas materias pendentes.

Sempre que se cumpran os requisitos académicos e que non variasen as circunstancias que motivaron a concesión, a renovación das axudas para os diferentes cursos dun mesmo nivel ou grao educativo producirase de xeito automático.

A valoración socio-económica obterase ao aplicar o baremo establecido de acordo cos seguintes criterios: renda familiar, composición do núcleo familiar, condición de orfandade ou calquera outra situación familiar especial e o número de habitantes do lugar de residencia familiar.

Engadirase 0,50 puntos por cada un dos irmáns, incluído o solicitante, que integre o núcleo familiar.

Aos aspirantes en situación de orfandade incrementaráselles a puntación en 10 puntos; en 15 se se trata de orfandade absoluta.

Aos aspirantes con circunstancias familiares especiais engadiráselles ata 5 puntos. Consideraranse neste punto situacións tales como fillos de españois residentes no estranxeiro; familias con membros con discapacidade física, psíquica ou sensorial, sempre que dela se derive a imposibilidade de obter ingresos de natureza laboral; cando o cabeza de familia teña unha invalidez ou padeza unha enfermidade permanente que o imposibilite para o traballo e que a súa fonte de ingresos sexa a pensión percibida pola dita invalidez ou que estea en situación de paro, sen percepción do subsidio de desemprego e existan dificultades de escolarización que valorará o tribunal cualificador

Lugar de presentación:

Nos centros residenciais docentes:

Prazo de presentación:

Ata o 11 de xuño de 2012 (por ser o 10 día inhábil).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120510/AnuncioG0164-300412-0001_gl.pdf

0

A AULA CEMIT DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ CELEBRARÁ 8 CURSOS O LONGO DO MES DE MAIO

Escrito por admin 02 may, 2012 Escrito na categoría Xeral, adolescentes, familias

CURSOS DE INICIACIÓN A INFORMÁTICA E PERFECIONAMENTO E 2 CURSOS MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello das Pontes celebrará 8 cursos durante o próximo mes.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes sito Edificio Dopeso, na rúa Rosalía de Castro nº 28, a través do enlace aulascemit.xunta.es/inscripcion , onde temos accesibles os programas e tamén as prazas libres existentes en cada momento; Ou chamar ao teléfono 664 139846, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.aspontes@xunta.es

Dentro das actividades están programados 2 cursos de Iniciación a Informática II (segunda parte de Iniciación), 2 cursos de Folla de cálculo, Nivel de Iniciación e avanzado, 2 cursos de Iniciación a Informática e Internet e 2 cursos dentro da planificación de Cursos Multimedia e Audiovisual 2012 do CeMIT.

As aulas cemit de 53 concellos galegos acollerán ata finais de ano novas actividades gratuítas relacionadas co sector multimedia e audiovisual, entre estes concello estará o noso das Pontes. A iniciativa conta con máis de seiscentas horas de formación e está previsto que chegue a máis de sete mil usuarios. As actividades forman parte do Programa de Formación 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT). As características principais destes cursos son que todos teñen un diploma acreditativo o rematar o mesmo, e que se fan polo sistema de Videoconferencia ou Videocolaboración, e dicir, que a traves dunha plataforma de formación podemos ver o profesor que se atopa fora da aula, en Santiago por exemplo, pero támen podemos facer preguntas, falar cos compañeiros, etc

Os 4 primeiros cursos deste tipo teñen lugar nos meses de Maio e Xuño e os restantes a partir de Setembro.

O desglose destes cursos quedaría:

A semana do 2 ó 11 de Maio inícianse 3 novos cursos: O curso “Introdución a Informática II”, co que se pretende que os alumnos con coñecementos básicos de ordenadores mellores os seus coñecementos. O horario será de 19:30 a 21:30 horas. (12 horas) “Introdución a Informática II, mañas”, cun horario de 12 a 14 horas, os xoves e venres. Número de horas 12 horas. Pensado para aqueles alumnos que xa teñen algún coñecemento adquirido. “Folla de cálculo”, duración 16 horas. Aprender o manexo dunha folla de cálculo: facturas, uso de funcións, gráficos, …. Horario de 17 a 19 horas.

A semana do 14 de Maio van ter lugar os 2 primeiros Cursos Multimedia, a súa duración é de 15 horas, celebranse os días 14, 15 e 16, nos seguintes horarios: POSICIONAMENTO WEB. De 9 a 14 H. Para aprender os sistemas de búsqueda dos servidores de Internet como o Google, e así poder mellorar as nosas propias Webs. TV POR INTERNET. De 16 a 21 H. Aprender todo o relativo os novos formatos de imaxes por Internet, para así pode mellorar a calidade dos vídeos que subimos.

A partir do día 24 de Maio retomanse as actividades nos seus horarios habituais.

E xa a última semana do mes iniciamos 3 novos cursos: 2 de alfabetización e un de perfeccionamento. O curso “Introdución a Informática e Internet”, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores. O horario será de 12 a 14 horas os martes e venres. “Introdución ó Software Libre”, iniciar os alumnos no uso dos ordenadores dende o punto de vista dos programas gratuitos de Sw libre. O horario será de 17 a 19 horas, de luns a xoves. 16 horas. “Folla de cálculo II”. Destinado a aqueles alumnos que xa fixeron o curso de “Uso dunha folla de cálculo” e queiran ampliar os seus coñecementos ou aqueles que xa traballasen algunha vez coas follas de cálculo e queren mellorar os seus coñecementos. Horario de 19:30 a 21:30, 16 horas.

Todos os nosos cursos son GRATUITOS. Xa esta aberto o prazo de matricula para os seguinte cursos Multimedia, os do mes de Xuño, a celebrarse a partir do 18 de Xuño. Os cursos son: Deseño gráfico Retoque fotográfico O número de prazas libres nestes momentos é reducido, e aínda que o prazo remata a finais do mes de abril, este mantense aberto ata cubrir todalas prazas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

0

O CPI Monte Caxado, gañador da final galega do Club de Debate

Escrito por admin 02 may, 2012 Escrito na categoría Xeral, adolescentes, familias

Diario de Ferrol-2012-05-02-007-093f6895

p.c.r. > ferrol
“Supón un auténtico orgullo anunciarvos o éxito do Equipo de Debate do CPI Monte Caxado integrado por Claudia, Édgar, Marina, Pilar, Xulio, Natalia e Pablo, rapaces de 4º da ESO, que amosaron unha capacidade argumentativa e oratoria que para si quererían a meirande parte dos políticos”.
Deste xeito comezaba a nova coa que o centro pontés daba a coñecer o luns, a través da súa propia páxina web, a victoria do mencionado grupo na fase final autonómica do Club de Debate, celebrada o pasado sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Alí déronse cita os catro finalistas das diferentes fases zonais celebradas no mes de marzo: o CPI Monte Caxado (gañador da comarca de Ferrolterra), IES de Ponte Caldelas (Pontevedra), IES Castelao (Vigo) e o CPI dos Dices de Rois (vencedor da comarca de Compostela).

Tema > Nesta ocasión, os alumnos saíron á palestra para defender a posición a favor ou en contra (en función do que determinase en cada turno o sorteo) sobre o tema escollido para o decisivo duelo: “Os usos das novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais”. Tralos primeiros debates da mañá, os ponteses e mailo grupo vigués acadaban as mellores puntuacións e, por tanto, o acceso ao decisivo debate.
Entón, e grazas unha vez máis á súa capacidade de oratoria, de argumentación e á coherencia e contundencia do seu discurso, foron os ponteses os que se levaron o voto do xurado para se proclamar gañadores da cita.
A técnica de Normalización Lingüística do Concello das Pontes, Marisol Vázquez, salientaba onte a gran actuación dos estudantes que, ao seu xuízo, “foron moi superiores aos demais”, tal e como se desprende, dixo, das puntuacións obtidas por cada un deles.
Destacou tamén como parte importante do grupo o profesor que acompañou aos alumnos nesta aventura dialéctica, Yago Rodríguez (docente de Lingua Española). “Foi un preparador de luxo”, comentou. E é que tanto o docente como os alumnos volcáronse nos últimos meses –en horas fóra do horario lectivo– nunha proba que supuxo un grande esforzo e traballo de investigación, documentación e elaboración de diverso material para apoiar o seu discurso.
O equipo –integrado por Natalia Pais, Xulio Prieto, Pilar Tembrás, Édgar Franco, Pablo Fernández, Marina Díaz e Claudia Parga– recibiu como premio unha estancia de tres días –29 e 30 de xuño e 1 de xullo– para 25 alumnos a un albergue ourensán, no que se lles ofrecerá un amplo abano de actividades.

Fonte: Diario de Ferrol

0

Cea solidaria Solidaridade Galega co Pobo Saharaui

Escrito por admin 27 abr, 2012 Escrito na categoría Xeral, familias

A delegación de ferrolterra da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui organiza unha cea solidaria o vindeiro sábado 12 de maio.

A cea celebrarase no Mesón Parrillada Montesol na carretera de Sedes-El Carballo 21 (Ctra. feira do Trece) narón ACoruña 981 368570O menú consta de empanada, tortilla, calamares, ensalada, churrasc, postre café e chupito cun prezo de 25 €.

mais info: www.sogaps.org  

0

Aulas de Diversión sábado 28 de abril. Obradoiro de xardinería e artesanía

Escrito por admin 24 abr, 2012 Escrito na categoría Xeral, familias, nenos e nenas, psicopedagóxico

Este sábado os nenos e nenas de 3 a 12 anos tedes unha cita na Casa de D. Pedro as 10:30. Faremos un boneco ao que lle medra o pelo! e uns bonitos marcapáxinas para celebrar o Día do libro.

30 prazas entrada gratuita.